|
|
|
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
10.03.2010 |
|
Rafael Pillado Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán Pasaron xa 38 anos desde aquela madrugada do 72 no que o réxime de Franco quixo cobrar caro o atrevemento dos traballadores ferroláns de reclamar os seus dereitos económicos, sociais e políticos. E deixaron no chán unha morea de feridos e mortos a Amador e Daniel. Repetíase así unha experiencia histórica do movemento obreiro mundial, nada se nos regala, temos que conquerilo coa nosa forza orgaizada e coa nosa intelixencia, pasando por retrocesos e avances, camiño da democracia plena, do socialismo. O 10 de marzo, supoñía un momento álxido na loita pola Democracia e que albiscaba as movilizacións que durante ese ano recorreron Galicia, sobre todo en Vigo. Foi o esforzo e dedicación para atender os mais pequenos problemas, orgaizar núcleos de traballadores desde a pequena á gran empresa; para desenrolar a solidaridade entre elas, diante de cada problema por pequeño que fose, e dos traballadores con outros sectores sociais. Foi, en definitiva, un esforzo por dotar aos traballadores de instrumentos políticos e sindicais capaces de conquerir triunfar sobre da ditadura. Entre elas, as CC.OO. E tivo un coste alto, á morte de Daniel e Amador hai que engadir os moitos feridos, despedidos, detidos e encadeados. Pero nada poido parar aqueles anceios de liberdade e Democracia. É momento de recordar tamén a compañeiros e compañeiras como Xulio Aneiros, Paco Filgueiras, Xulio Perez de la Fuente, Balbina Valcarcel (A Carbonera), Bárez, Mourente, Manuel Pillado, etc. E tantos outros. E hoxe, sobre todo, a Manolo Amor e Xosé María Riobó, con quenes compartín algúns anos de encerro. Na actualidade, os problemas son de outras características. Máis, os problemas de fondo persisten. E son moitos os traballadores e traballadoras que padecen a precariedade no traballo, as longas xornadas e sobre de todo o paro. Época na que unha minoría pode provocar unha crise global do sistema, coa pretensión de que sexan os traballadores quenes a paguen. Mesmo na nosa comarca afecta gravemente a moitos traballadores e pequenas empresas, a práctica totalidade da sociedade. E por eso, as ensinanzas de marzo do 72 deben valer para potenciar a unidade de acción sindical, a solidaridade e a movilización de todos os asalariados. En calquera caso, a Asociación Cultural "Fuco Buxán" a que pertenzo, chama a participar en cantas movilizacións sexan convocadas nesta comarca. Ferrol, 9 marzo 2010  |
|
Ultima modificación ( 10.03.2010 )
|
|
|
8 de marzo, día internacional da muller traballadora |
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
08.03.2010 |
|
Hoxe celebramos o día internacional da muller traballadora e tamén celebramos os moitos triunfos que a través de mulleres comprometidas e loitadoras fumos logrando pouco a pouco a través dos anos. Pero tamén é unha data que nos debe recordar e facer reflexionar que ainda queda moito polo que loitar e moito traballo por facer. As diferencias salariais, os postos directivos ocupados normalmente por homes, a economía sumerxida que nestes tempos tan difíciles afecta tanto as mulleres, …. Pero creo que a loita máis importante está en concienciar a sociedade de que a igualdade é un traballo e unha responsabilidade de todos. De homes e de mulleres. Que a educación que reciben os nosos fillos e fillas, é o instrumento máis eficaz que debemos desenrolar para acadar una sociedade máis igualitaria e máis xusta. Temos que ser conscientes do traballo que temos por diante. E moitas veces non nos damos conta das mensaxes e testimonios incoherentes que lles facemos chegar ós nosos mozos e mozas. Que sirvan de exemplo de incoherencia absoluta o que estamos a ver e oir dos nosos políticos, supostamente as persóas que deberían dar exemplo ós cidadáns. Nesa loita encarnizada pola volta ó poder, na que todo vale por un puñado de votos, escoitamos cousas como que o Ministerio de Igualdade non sirve para nada e que supón un gasto innecesario nas arcas do estado. Este testimonio foi dado pola señora Dolores de Cospedal, nun mítin no que a maioría de asistentes eran mozos e mozas xóvenes. Eu creo que mentres exista o maltrato ás mulleres, mentres elas sexan perseguidas por abortar, mentres nas empresas sexan infravaloradas,…… necesitaremos un Ministerio específico para traballar a Igualdade. E cando todos estes aspectos sexan solucionados e podamos dicir que os homes e mulleres deste país son tratados de igual a igual, entón sí será un Ministerio e un gasto innecesario. Pero por desgracia, creo que será un organismo moi necesario nos vindeiros anos. Quédanos a seguridade de que movimentos como a Marcha Mundial das Mulleres, seguirán facendo chegar á sociedade esas mensaxes de igualdade entre homes e mulleres. Parabéns para toda esa xente que está a facer unha labor tan grandiosa e que está a ver froitos alí por onde pasa. María Teresa Martínez Vilariño,(Directiva da A.C. Fuco Buxán)  |
|
|
II Xornadas Xénero e Desenvolvemento "Convivindo en Equidade" |
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
07.03.2010 |
|
Martes, 9 de marzo, ás 20 h no Café-Teatro do Pazo da Cultura de NARÓN 
Interpretación teatral (Escola de Teatro Narón e “O Aturuxo de Melpómene”)
Charla – coloquio:
Experiencias na Mobilización para a Acción Feminista Marcha Mundial das Mulheres.
Xénero e cooperación internacional. Comisión de Xénero Coordinadora Galega de ONGD
Participación activa do home na loita da Muller. Homes pola Igualdade.
Empoderamento da muller e a súa expresión a través da cultura. Directora Escola de Teatro Narón. |
|
|
8 de Marzo: Día Internacional das Mulleres |
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
07.03.2010 |
|
Ferrolterra Luns, 8 de Marzo Concentración ás 20:00 hrs. Cantón de Molíns (Ferrol)

No ano do centenario do 8 de marzo, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres dos cinco continentes, facemos un chamamento a "marchar" para demostrar a nosa perseveranza e a nosa forza colectiva, con distintas experiencias, culturas políticas e orixes étnicas, pero compartindo sempre un obxectivo común: o desexo de superar a inxusta orde actual que provoca a violencia e pobreza, e constituír o mundo que queremos baseado na paz, a xustiza, a liberdade, a igualdade e a solidariedade. Convócase a toda a cidadanía a participar nos actos que as diferentes coordinadoras comarcais da MMM van realizar en celebración do Día Internacional das Mulleres Máis información en www.feminismo.info |
|
Ultima modificación ( 07.03.2010 )
|
|
|
A Conferencia de Xosé Manuel Beiras |
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
07.03.2010 |
|

O pasado venres, tivo lugar a Conferencia de Xosé Manuel Beiras, dentro do ciclo "Crise: Outra visisión", organizada pola A.C. Fuco Buxán Reseña na prensa. Álbum fotográfico |
|
|
Xosé Manuel Beiras "Crise: Outra visión" |
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
01.03.2010 |
|
Organizado pola A.C. Fuco Buxán Venres,5 de Marzo 2010 as 20h na Fundación Caixa Galicia(Cantón de Molíns – Ferrol) Dentro do ciclo "Crise: Outra visión"Conferencia de Xosé Manuel Beiras Torrado Catedrático de Estructura Económica. Presenta: Manuel A. Rodríguez Carballeira Presidente da A.C. Fuco Buxán. Entrada libre Prégase difusión |
|
Ultima modificación ( 01.03.2010 )
|
|
|
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora. EXPOSICIÓN CIENCIA EX AEQUO. |
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
01.03.2010 |
|

Dentro das moitas actividades que virán a salientar na nosa comarca o “Día Internacional da Muller Traballadora - o oito de marzo - é de destacar a interesante exposición CIENCIA EX AEQUO, organizada polo Concelo de Ferrol – Educación e a A. VV. O Rosario – Inferniño, que pódese visitar no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza Inferniño – Ferrol) do 1 ó 15 do presente mes. A autora da mostra é a pintora e profesora sadense Margarita Cimadevila, directora do IES Urbano Lugrís, quen presenta unha proposta na que Ciencia e Arte mesturanse para acadar unha finalidade artística, divulgativa e didáctica. . “Ciencia EX AEQUO réndelles homenaxe ás mulleres científicas que, a pesar de realizaren un magnífico labor e mereceren recoñecemento polo seu traballo, foron ignoradas, esquecidas ou relegadas a un segundo plano a favor dos seus superiores, colegas ou competidores masculinos que, en moitos casos, non tiveron reparo en atribuirse os seus traballos”. |
|
Ultima modificación ( 04.03.2010 )
|
|
|
“Honduras : La batalla por la dignidad” |
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
27.02.2010 |
|
Organizado pola A. C. Fuco Buxán Martes, 2 de marzo 2010, ás 20 h Sala audiovisual (3º andar) Biblioteca Central Praza de España – Ferrol Presentación da documental: “Honduras : La batalla por la dignidad” 
Intervirán: Manuel Cendán (Directivo da A.C. Fuco Buxán) María Castro Serantes Cooperante en Honduras que vivíu de primeira man todo o proceso golpista. A documental, “Honduras : La batalla por la dignidad”, do destacado realizador venezolano Anxo Palacios, recolle dramáticas imaxes dos días posteriores ao golpe de estado na nación centroamericana e a heroica resistencia dese pobo. Colabora: Concello de Ferrol - Cultura |
|
|
O sábado 27,programa nº 26 de "O Recuncho" |
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
26.02.2010 |
|
sábado 27 de Febreiro de 11 a 13 horas, nova edición de O Recuncho, o programa nº 26 da Asociación Cultural Fuco Buxán que se emite en Radio Filispim no 93.9 fm. 
Nesta ocasión destacamos os seguintes contidos: - En directo, no estudo, Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG. - Tamén no estudo María Castro, recén chegada de Honduras, nos falará do documental que vai presentar na nosa cidade o martes 2 de marzo: " Honduras: La batalla por la dignidad ". - Xunto a María, vía telefónica, Alicia Valverde, hondureña gran coñecedora da realidade social do seu país. - Tratamento especial das novas acontecidas en torno a planta de gas de Reganosa. - Na sección poética: Bernardino Graña. - José Torregrosa coa súa sección "O Despertar da Razón" traeranos: A escola, unha fiestra cara o mundo. - Especial El accidente de Chernóbil. "O Recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM Todo-los programas en diferido en : www.recunchofuco.blogspot.com |
|
Ultima modificación ( 26.02.2010 )
|
|
|
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aceptou a ampliación das denuncias contra Reganosa |
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
24.02.2010 |
|
Onte, 23 de febreiro de 2010, a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aceptou a ampliación das denuncias que contra a Planta Regasificadora de Reganosa en Mugardos foron presentadas por Esquerda Unida e polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. De tal xeito, saíndo ao paso das informacións de arquivo da mesma, difundidas por algún medio de comunicación, queda claro que a denuncia segue vixente, incrementada agora con novos datos que demostran o perigo desas instalacións no interior da Ría e as falsidades cometidas polos seus promotores en aras a xustificar a súa instalación e a súa solicitude de ampliación. Datos concernentes ao perigoso tránsito dos gaseiros, dos cales un 20% teñen que pospor a súa entrada pola meteoroloxía e as peculiares condicións naturais da nosa Ría. Datos sobre o innecesario desta instalación que por falta de demanda está funcionando a un terzo da súa capacidade a pesar de deixar fóra de servizo o gaseoducto de Tui. Carencia dun plan real de emerxencia, tanto para as instalacións como para os buques ante unha situación constante de intranquilidade e de perigo para a poboación, pola súa localización, pola súa situación frecuente de baixas existencias (sinalado varias veces polo Sistema Gasístico) e pola imposibilidade a que os gaseros pódense enfrontar para entrar na ría ou saír dela en caso de urxencia. A todo isto engádese o dano ecolóxico producido á ría cos sistemas empregados para a regasificación e a perda de postos de traballo que iso a medio prazo leva. Este CCE demanda - unha vez máis - a paralización da Planta, a máis deficitaria de todo o Estado, polo seu perigo evidente e polo custo económico innecesario para toda a cidadanía que se está mantendo, exclusivamente para beneficio dos seus promotores, coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais. Ferrol, 23 de febreiro de 2010 Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol |
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>
| | Resultados 91 - 105 de 571 |
|
|
|
|
Quen nos visita |
|
Temos 12 visitantes en líña |
|
Ferrol, polo mar e a vida |
 Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción. |
|
|