|
Sábado 13 de Febreiro de 11 a 13 horas, nova edición de O Recuncho, o programa nº 25 da Asociación Cultural Fuco Buxán que se emite en Rádio FilispiM no 93.9 fm. 
Contidos: - Entrevista a Moncho Aboal, secretario do equipo de fútbol base Rácing de San Pedro,que nos falará dos problemas que ten o deporte aficionado na nosa comarca. - Escoitaremos audios da conferencia organizada por Fuco Buxán de Gaspar Llamazares, presentando o libro “Al rojo vivo”. - En directo, no estudo Nieves Monteiro Vargas e María Teresa Vilariño Lorenzo as cales nos falarán do traballo que estase a realizar no taller de promoción da Muller de Caranza e dos problemas que se atopa a poboación de etnia xitana na nosa comarca. - María Castro, desde Honduras, daranos as últimas novas dos acontecementos que están tendo lugar tras as elecións golpistas. - Na sección poética: poemas de Bertold Brecht. - José Torregrosa coa súa sección “O Despertar da Razón” traeranos: “ A morte do poeta”. Tódolos programas en: www.recunchofuco.blogspot.com "O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM
|