|
PRESENTACIÓN DA III ACCIÓN INTERNACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES |
|
|
|
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
26.01.2010 |
|
Xoves 28 de Xaneiro, ás 19:00 horas
na Galería Sargadelos de Ferrol
Falarán:
Tereixa Otero, membra da Coordinadora Galega e representante no Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres pola Rexión Europea.
Bárbara Primo, membra da Coordinadora Comarcal de Ferrolterra.
Convidámoste a asistir á presentación das actividades que se realizarán tanto na Galiza como a nivel internacional en torno aos días 8 de Marzo e 17 de Outubro de 2010, co gallo da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.
Coas súas Accións Internacionais, que se realizan cada 5 anos, a Marcha Mundial das Mulleres pretende sumar a participación das mulleres e das asociacións e grupos de mulleres de todos os continentes, para expresar a nosa solidariedade internacional e xuntas denunciar as causas que provocan pobreza e violencia contra as mulleres en todo mundo.
MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES NA GALIZA
COORDINADORA COMARCAL DE FERROLTERRA
|
|
Ultima modificación ( 26.01.2010 )
|