|
Onte cumpriuse un mes dende o inicio da folga de fame que comezou Aminetu Haidar na Terminal 1 do Aeroporto de Lanzarote.
Dende A.C. Fuco Buxán queremos amosar o noso apoio á Aminetu Haidar na súa loita e esperamos a pronta resolución do seu conflito.
A.C. Fuco Buxán adheriuse en mostra ás seguintes campañas:
Esixe ó goberno marroquí a liberdade de oito presos de conciencia así como a entrada inmediata e incondicional de Aminatou Haidar no Sáhara Occidental. http://www.es.amnesty.org/actua/acciones/sahara-presos-conciencia
Todos co Sáhara: O obxecto desta plataforma é lograr o máximo número de firmas de apoio ó manifesto. O fin é facer entrega delas o Presidente do Goberno para que España lidere a busca dunha solución pacífica e xusta a un conflito que nos afecta directamente. http://www.todosconelsahara.com/
Acorde á ONU, os recursos naturais do Sáhara Occidental non poden ser explotados sen ter en conta os desexos e intereses dos saharauís. Sen embargo, a UE está entregando
Aminetu Haidar presidenta do Colectivo de Defensores Saharauís de Dereitos Humanos (CODESA) é detida ilegalmente o 13 de Novembro polos corpos policiais marroquís cando regresaba de recoller o premio a coraxe civil da Train Foundation Nova York que se engadiría á lista dos diferentes galardóns internacionais pola súa loita no recoñecemento dos dereitos dos saharauís (premio de dereitos humanos Robert F.Kennedy en 2008, Solidar Silver Rose Award en 2007, Premio de Dereitos Humanos Juan María Bandrés en 2006 e premio da Fundación Robert Kennedy en 1998).
O 14 de Novembro de 2009, é embarcada ca súa equipaxe sen teléfono e pasaporte a un voo, descoñecendo o seu destino, coincidindo co aumento da represión marroquí contra o activismo pacífico dos defensores da autodeterminación. Coincidindo tamén co 14 de Novembro de 1975, data na que se asinaron os chamados “Acordos de Madrid”, considerados ilegais pola ONU, e asinados por España, Marrocos e Mauritania nos que a través dunha declaración política e varios anexos secretos se transfería a administración da antiga colonia española no Sáhara Occidental (non a soberanía) a unha administración temporal tripartita. Territorio que na actualidade está ocupado por Marrocos onde xunto a máis de 150.000 colonos marroquís, conviven 70.000 persoas de ascendencia saharauí, conformado xunto cos 100.000 saharauís que viven nos campamentos de refuxiados de Tindouf en Arxel a poboación da non recoñecida república saharauí.
Non sendo novo para Aminetu este trato por parte do goberno de Marrocos sendo xa perseguida e reprimida anteriormente polos poderes públicos marroquís en numerosas ocasións, en 1987 é detida nunha manifestación que esixía o esperado, por mais de 30 anos, referéndum de independencia do Sáhara sendo torturada nas coñecidas “cárceres secretas” durante 4 anos, en 2005 é condeada á estancia de 7 meses no centro penitenciario pola participación na coñecida como intifada saharauí
Para a consecución da deportación de Haidar, filla de saharauís e recoñecida polas Nacións Unidas como saharauí e como membro do “pobo saharauí” incluída no censo da ONU, necesitaban dun país cómplice que permitise a entrada no seu territorio, chegando Aminetu a España en contra da súa vontade e sen posibilidade de voltar ó Sáhara Occidental por non dispoñer de documentación.
Na súa segunda semana de folga no aeroporto, o Ministerio de Asuntos Exteriores español enviou como emisario ó seu director Agustin Santos o cal lle propuxo a Haidar tres opcións: asilo político, a solicitude dun novo pasaporte ou adquirir a nacionalidade española, opcións non aceptadas pola activista xa que ela é saharauí e ningunha destas opcións lle permitiría voltar xunto coa súa familia á súa terra natal. |