|
Sábado 5 : O Recuncho nº 21 93.9 FM |
|
|
|
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
03.12.2009 |
|

sábado 5 de decembro, de 11 a 13 horas en Radio Filispim (93.9 fm), programa 21, da Asociación Cultural Fuco Buxán: O Recuncho.
Nesta ocasión trataremos en profundidade os seguintes contidos: - Escoitaremos as verbas de Pascual Serrano, cofundador do portal de internet " Rebelión", invitado a Ferrol por Fuco Buxán. - No estudo de Radio Filispim, Xosé Abad, director do documental " O segredo da Frouxeira", que relata o asasinato en 1938 do alcalde de Serantes, Alejandro Porto xunto con tres compañeiros. Tamén no estudo, Enrique Barrera, historiador que traballou neste proxecto. - Conferencia de Teodulfo Lagunero, presentando o libro " La extraordinaria vida de un hombre extraordinario". Teodulfo, militante do Partido Comunista contaranos como foi a súa loita contra a ditadura franquista. - Sección poética,: figura e poemas de Marcos Ana. - Sección " O despertar da razón", levada por José Torregrosa: A manipulación nos medios de comunicación. -- "O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM Programas en diferido : www.recunchofuco.blogspot.com
|