A A.C. “Fuco Buxán” cursou unha solicitude ao Concello de Ferrol, para que unha rúa ou espazo público da cidade leve o nome de “Alcalde Porto Leis” en lembranza permanente do último alcalde republicano do concello de Serantes (anexionado a Ferrol en 1940) solicitando que figure tamén, nese lugar, unha mención a Modesto del Río, Avelino Landeira e Xesús Miño.
Os catro foron paseados na praia da Frouxeira en Febreiro de 1938, Alejandro Porto pola súa militancia en Izquierda Republicana e os outros tres por telo protexido desde o golpe militar.
A nosa Asociación considera que esto sería un paso máis no proceso da Recuperación da Memoria e unha merecida homenaxe a quenes, como tantísimos outros, foron vítimas da represión fascista pola defensa dos seus ideais de democracia e de progreso e polo seu recto proceder.
Se algunha Entidade o persoa a título particular desexa adherirse a esta petición pódeo facer a través do noso e-mail:
Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.
Enquisas
2007 Asociación Cultural Fuco Buxán
Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.