spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista

header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
 

Inicio arrow Comunicación arrow Comunicacións Públicas arrow En lembranza de Manuel Sarille

En lembranza de Manuel Sarille PDF Imprimir E-mail
Escrito por Fuco Buxán   
29.05.2008

O pasado 25 de maio faleceu en Lugo, Manuel Sarille Lenceiro (Castroverde – 1923),
Presidente da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo.
Ingresou nas Juventudes Socialistas en setembro de 1935. O 14 de abril de 1936 participou nun mitin da República en Montecubeiro, e tralos sucesos represivos neste lugar, en agosto de 1937, figurou nas listas de persoas a fusilar (si fusilaron a Carmen Sarille Lanceiro, de 22 anos, e a moitas persoas da súa veciñanza). En 1976 ingresou no PSOE. Foi membro da Executiva Galega e do Comité Federal.
É autor da “Pascua de Montecubeiro”, sátira teatral en verso de tradición oral, publicada na revista “Olisbos” nº 14, editor do libro de Arximiro Rico. “Luz dos humildes”, “Vida e morte dun mestre republicano”, de Narciso de Gabriel e Xosé M. Sarille, coautor do libro “Polos fillos dous fillos”, de Xosé Manuel Sarille Candeia (Sucesos de Montecubeiro, 1937). Financiou e dirixiu o monolito aos mortos de Montecubeiro de 1937, coa colaboración do Concello de Castroverde, instalado no campo da parroquia o 23 de agosto de 2003. Foi colaborador no Progreso con artigos e cartas.
   
A súa familia, compañeiros e amigos a nosa condolencia, e a Manuel Sarille, para sempre a máis fonda admiración por ser quen de dedicar toda a súa vida e esforzo a defensa da liberdade e a democracia.

Na súa lembranza, uns versos do poeta arxentino Raúl González Tuñón:

De la tierra vinieron y a la tierra
volvieron y la tierra los devuelve.
Son la historia que sigue.
Son la revolución, que nunca muere.

Ultima modificación ( 30.05.2008 )
< Anterior   Seguinte >

 

spacer
Quen nos visita
Temos 13 visitantes en líña
O Recuncho de Fuco
Radio Filispin
Planta de Gas fora da ría

¡ Galiza non se vende !
Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Foro Social Galego
Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer