spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista

header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
Acceso usuarios
Nome de usuario

Contrasinal

Lembrarme
Esquenceu seu contrasinal?
Novo usuario? Rexístrese aquí
Subscricións
 

Inicio

“Ferrol polo mar e a Vida”. Fuco Buxán, con Carmelo Teixeiro e o CCE. PDF Imprimir E-mail
Escrito por Fuco Buxán   
19.12.2007

 

Preto das 10 da noite, a música do Grupo "A Revolta de Trasancos" pechaba no C.C. "Carvalho Calero" un acto sinxelo e emotivo no que os presentes manifestaron a Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, o recoñecemento ao seu compromiso social e político de tantos anos e ao seu traballo exemplar, constante e eficaz á fronte do Comité, en defensa da ría e da vida dos seus habitantes.
O acto organizado por "Fuco Buxán" iniciouse coa intervención de Manuel Rodríguez Carballeira, o noso Presidente, e no transcurso do cal fíxose presentación do documental "Ferrol polo mar e a vida", realizado polos asistentes ao Cursillo de Vídeo impartido pola ONG ACSUR-As Segovias, en colaboración coa nosa Asociación, do que falaron representando a ambas entidades Silvia Chocarro e Manuel Cendán.
Este vídeo,que denuncia a agresión que supón a Planta de Gas de Reganosa ubicada no interior da Ría, está protagonizado por persoas do Comité, e Carmelo ten nel un papel destacado. As características e alcance deste documental veñen xa explicadas noutras inclusións anteriores desta web, é accesible presionando a imaxe do mesmo que figura na marxe dereita. A súa duración aproxímase aos 10 minutos, e en próximas datas terémolo en formato DVD.
Participou tamén neste acto o ex-Parlamentario Europeo Camilo Nogueira que tivo palabras de recoñecemento para os cidadáns de Ferrol por esta e outras loitas e expresou a súa convicción de que esta é unha batalla que imos gañar.
Carmelo recibiu a figura de "fuco buxán", simbolo emblemático da nosa Asociación, así como o agarimo e o apoio tanto dos asistentes como doutras persoas ou Entidades que desde diversas latitudes fixéronllo chegar.
É, en definitiva, este acto e este vídeo, unha achega máis á actividade que o C.C.E. vén desenvolvendo en defensa da legalidade, da vida, de Ría e do futuro sostenible de Ferrolterra.
Parabéns os realizadores do Vídeo.
O noso fraternal abrazo a Carmelo Teixeiro, e sempre

¡¡PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA!!

Ultima modificación ( 19.12.2007 )
< Anterior   Seguinte >

 

spacer
Quen nos visita
Temos 18 visitantes en líña
O Recuncho de Fuco
Radio Filispin
Planta de Gas fora da ría

¡ Galiza non se vende !
Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Foro Social Galego
Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer