spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista

header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
Acceso usuarios
Nome de usuario

Contrasinal

Lembrarme
Esquenceu seu contrasinal?
Novo usuario? Rexístrese aquí
Subscricións
 

Inicio

Emoción e compromiso na homenaxe a Carmelo
Escrito por Fuco Buxán   
07.02.2010
NALGURES
Nalgures andarás, nalgunha guerra,
quizais nunha cidade destruída
osmando entre os cadáveres a vida,
que o oficio de vivir nunca te aterra.

Sempre a loitar coa xente que se aferra
aos soños e que aposta na partida
non dando nunca a causa por perdida
loitando sempre polo mar e a terra

Pintando arcos da vella na tormenta,
liñas pintadas coma pontes,
cousas de non matar e bolboretas,

así te podo ver, sempre á mantenta
onde se movan máis os horizontes,
que as ondas do teu mar nunca están quietas.
                                                            Marica Campo
(poema versionado por Xan Tavía especialmente para Carmelo)


Hoxe, sábado 6 de Febreiro, en Caranza, xunto aos tres carballos plantados no seu recordo, no parque que leva o seu nome, celebrouse un acto sinxelo e entrañable dedicado a Carmelo Teixeiro, cando se cumpre o segundo aniversario do seu falecemento.

A emoción coa que case un centenar de persoas depositaron un caravel no mar onde Carmelo descansa, ademáis dun acto de recordo e de solidariedade coa súa familia, é un sinal inequívoco de que as súas compañeiras e compañeiros seguimos na loita e non abandonaremos ata conseguir que algún día, Carmelo poida ver cos nosos ollos o final desta ameaza contra a que tanto loitou.


Ultima modificación ( 07.02.2010 )
Ler máis...
"Recordando a Carmelo" de José Torregrosa
Escrito por Fuco Buxán   
07.02.2010
Desde la Asociación “Fuco Buxán”, donde tanto tuvo que hacer ese hombre entero, quiero expresar-está sonando Bach- su vívida nostalgia y su presente. Pues la lucha por la Razón aún sigue en  pie, desde esa ría que mece su brillante ceniza, continúa llegando la exigencia de su aliento, uno más entre todos, arrimando hombros y argumentos.

¿Qué se llevó la muerte de Carmelo? No su energía y su fe esperanzada en el futuro; no su bondad, que nos sirve de ejemplo. Si acaso, alejó su cabal cercanía; pero no más allá del horizonte de una empresa en común y salvadora: “Planta de Gas Fuera de la Ría”. Él fue su impulsor y baluarte; su vanguardia y su fuerza integradora. Ni la Comadre Seca fue quien para agotar su fuerza convencida. No se cansó Carmelo ni en la Hora: cayó, no lo callaron nunca, rodeado de molinos de huracán corrupto, de plantas venenosas, de cámaras de gas donde debía perecer Naturaleza y Vida…
Ha sido un privilegio convivirlo, compartir su mensaje generoso, una consigna llena de sentido: “Todos juntos; pero tú, el primero.” No era incansable; sacaba fuerzas de su creencia en el prójimo asequible y  un sentido emocionante del deber, del compromiso, de la acción, que no conoció más límite que el espacio dedicado a la reflexión y al sentimiento.
Ay, Carmelo, luchador, y hombre de familia, y compañero, que robaste el tiempo a los relojes para poder cumplir con tu tarea; que aprendiste, como pedía Machado, a distinguir las voces de los ecos…Hoy te sabemos cerca, respirando una espera: el convertir los muros de silencio en el grito ciudadano colectivo, portador de la rabia y de la idea.
En ese día descansarás tranquilo, pez de luz en esa ría que hoy acoge tu historia y tu trayecto: permanecer, ya siempre, en la memoria  de la masa fecunda de tu Pueblo. Mientras tanto, tenemos muchas cosas que encargarte; sobre todo, el que no nos olvides: ojalá acertemos a llenar tu reposo de recuerdos, los nuevos pasos, tantos nuevos caminos que estamos recorriendo con tu nombre en los labios y tu hombría justa y sabia en el corazón y la cabeza.
No digamos “parece que fue ayer”, pues no lo ha sido. Carmelo es el reto de un mañana en una Galicia a salvo de amenazas y de atrasos. Si he visto llorar a tus amigos aquel día, fue por agrandar el mar que tú defiendes desde lo más profundo de su alma, el surco azul que labra el polvo y la semilla de la tuya, tan blanca y tan hermosa.
En la mañana del sábado, te ofrendaremos flores. No será suficiente: debemos acercarte la victoria contra la sinrazón y la avaricia.
Sólo entonces podremos darte gracias y ser dignos de estar en tu memoria eterna, a tu lado, en un milagro laico, cuando en la ría de Ferrol esté fuera de peligro y dentro del Progreso, y veamos cómo se multiplican, otra vez, Carmelo, en la ría de Ferrol, los panes y los peces.
(Publicado en el Diario de Ferrol)
http://josetorregrosa.wordpress.com/


Comunicado de Las Feministas en Resistencia
Escrito por Fuco Buxán   
07.02.2010
(de nuestra compañera María Castro ) Honduras, 5.02.2010
Denunciamos que, tras el golpe de estado del 28 de junio/09, las gravísimas violaciones a los derechos de las/os ciudadanas/os desatados por las fuerzas represivas del Estado de Honduras en contra de las/os militantes de la Resistencia Popular no han cesado. Las Feministas en Resistencia, nos pronunciamos para denunciar ante la comunidad nacional e internacional:
1. El día miércoles 3 de febrero fue asesinada la compañera miembra del Frente Nacional de Resistencia Popular y del Sindicato de Trabajadores del Instituto Hondureño de Seguridad Social, Vanessa Zepeda. Antes de ser asesinada, la compañera Zepeda sufrió persecución administrativa por su participación en la Resistencia a través de audiencias de descargo en el Seguro Social.
2. Vanessa se dirigió a de su residencia hacia el IHSS a las dos de la tarde, a partir de ese momento no se supo más de ella. Su cuerpo fue lanzado desde un vehículo en las cercanías de El Loarque, entre 6:30 a 7:00 de la noche de ese día. Sus familiares vinculan este crimen con su militancia en el FNRP y responsabilizan a las fuerzas paramilitares por este hecho criminal.
3. El 02 de febrero fueron detenidos temporalmente los jóvenes periodistas gráficos Ricardo Rodríguez, del noticiero Mi Nación y Manuel de Jesús Murillo Varela, del Programa Hable como Habla. Fueron apresados por un comando policial vestidos de civil y conducidos a una cárcel clandestina donde se les torturó brutalmente.
Por tanto, demandamos:

Ler máis...
II Homenaxe a Carmelo Teixeiro
Escrito por Fuco Buxán   
05.02.2010
Organizado polo
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol

Sábado, 6 de febreiro 2009, ás 12 h
en Caranza (Parque Carmelo Teixeiro)

celebrarase unha homenaxe a quen foi o seu primeiro Coordinador
.

Carmelo Teixeiro Menéndez


ao celebrarse o segundo aniversario do seu pasamento.

Alí, no parque que leva o seu Nome, ao pé dos tres carballos plantados na súa memoria, lembraremos a Carmelo, a súa labor ao fronte deste Comité Cidadán e a súa semente de loita e compromiso contra o maior perigo a que se enfronta a nosa comarca, a Planta de Gas ubicada no interior da Ría de Ferrol.
Será un acto sinxelo, coa intervención de membros do Comité e a música de Estrella e o su violín e do grupo A Revolta.
Farase unha ofrenda floral na que tod@s estamos convidados.

Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental da Ría e da vida dos seus habitantes.

Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.
Fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Revista “Razón Socialista”, o seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, fai que nós - os seus compañeiros de tantos anos - sintámosnos enormemente orgullosos e agradecidos de compartir con el amizade, inquedanzas e tarefas.

O seu exemplo e a súa memoria compartida alentaranos sempre e estimularanos a seguir desenvolvendo cantas actividades contribúan a facer realidade o proxecto social que esta Asociación Cultural persegue.

Unha visita ben aproveitada.
Escrito por Fuco Buxán   
03.02.2010

A AC. Fuco Buxán valora de xeito moi positivo o acto celebrado onte na Fundación Caixa Galicia, que tivo por obxecto a presentación do libro “Al rojo vivo” de Gaspar Llamazares e Almudena Grandes.

A visita de Gaspar Llamazares á nosa cidade, promovida pola nosa Asociación, permitiu abordar con él, como deputado de EU, o tema da denuncia da Planta de Gas no Parlamento Europeo.
Así mesmo, facilitou que a A.VV. Esteiro tivese ocasión de exporlle o proxecto de desafectación e uso de instalacións de Defensa (Cuartel de Dolores, a Residencia de Oficiais, a Residencia do Coronel do Tercio e a parcela do antigo INVIFAS) para ampliar o Campus Universitario de Esteiro, o que posibilitaría á Universidade en Ferrol cumprir coas demandas do Plan Bolonia e mesmo conseguir máis titulacións,

Aspectos que sen dúbida benefician a Ferrol, nos que a nosa Asociación móstrase satisfeita de colaborar.

enlace ao Álbum fotográfico

.

Ultima modificación ( 07.02.2010 )
1 salario para 2 operarios que produzan como 3
Escrito por Fuco Buxán   
03.02.2010

(de VIEIROS:Galiza Hoxe)

EN VIGO: Axentes antidisturbios desaloxan os obreiros que estaban pechados en Barreras

Os policías sacaron das instalacións da empresa a 15 traballadores que protestaban pola política de contratación.

Pouco despois da medianoite deste martes, efectivos antidisturbios romperon as portas do asteleiro vigués de Barreras para proceder ao desaloxo de quince traballadores que se atopaban alí pechados para pedir unha regulamentación da contratación do sector. Segundo un dos participantes na protestas, Francisco Rodríguez, os policías entraron “rompendo todo”, logo de tirar abaixo cunha “maza” a porta da enfermaría. Os traballadores denuncian que o axentes non avisaron da acción e que tiveron apoio da empresa para acceder ao interior das instalacións.

Os obreiros, da Asemblea de Parados do Naval, denuncian que a empresa está a contratar a persoas sen recorrer á bolsa de contratación, tal e como marca o convenio. Segundo os folguistas, Barreras intenta aforrar así custes salariais xa que “páganlle a dous de fóra coa mesma cantidade de diñeiro que a un da bolsa”.

Ultima modificación ( 03.02.2010 )
A privatización dos Bombeiros e a contundecia policial.
Escrito por Fuco Buxán   
02.02.2010

foto G.Tizón (El Pais)

A A. C. Fuco Buxán solidarízase cos traballadores dos Parques Comarcais de Bombeiros e condena a desproporcionada actuación policial contra eles, onte na Coruña, cando ademais de reivindicar os seus lexítimos dereitos demandaban un mellor servizo para toda a cidadanía.

A Policía debería reflexionar que - a este paso - a súa privatización pode non estar lonxe, e nese momento veríanse nas mesmas circunstancias.


A protesta que máis de medio milleiro de bombeiros de toda Galicia realizaron onte na Coruña contra o sistema de privatización dos parques comarcais, saldouse con cinco bombeiros feridos e numerosos contusionados, entre eles dous xornalistas, tras unha carga policial ás portas da Deputación coruñesa, onde os manifestantes concentráronse e pretendían ser recibidos polo seu Presidente, Salvador Fernández Moreda.

Os manifestantes chegaron ante a sede provincial con consignas como «As emerxencias
non son un negocio» e «Ou público é servizo e o privado é beneficio». Foron recibidos coa porta principal pechada e os antidisturbios da Policía Nacional, que cargaron, sen previo aviso, nun momento no que os bombeiros intentaban que os deixasen subir a entregar o seu manifesto.

Finalmente, representantes de CCOO., CIG e UXT accederon ao inmoble, aínda que Salvador Fernández Moreda, negouse a recibilos, alegando que tal encontro non estaba previsto e matizando que o modelo de xestión indirecta "non se trata dunha privatización"
Pediron a súa dimisión e cuestionaron que o PSOE defenda por unha banda os servizos públicos e por outra goberne en institucións que optan polas concesións. Por iso, anunciaron que pedirán unha reunión co líder do PSDEG, Pachi Vázquez. para "aclarar as contradicións dun partido que defenden no seu programa electoral a xestión directa e pública dos parques de bombeiros e a privatización cando goberna".

Os bombeiros prometen continuar coas súas protestas contra a xestión privada de 20 dos 26 parques existentes en Galicia -só son públicos os das seis cidades, todas salvo Lugo-, un modelo que non se dá en ningunha outra comunidade autónoma" e que pon en perigo a efectividade e tempo de resposta dos servizos de urxencias.

Denuncian non só as diferenzas salariais cos seus colegas dos parques municipais das cidades, que cobran ata 400 euros máis, senón tamén a prestación do servizo cando está en mans dunha empresa privada que se ocupa da contratación do persoal, decidir as quendas de traballo e ata cantos traballadores interveñen en cada intervención. Os sindicatos culpan da extensión deste modelo tanto ao PP na Xunta como aos gobernos socialistas e nacionalistas das deputacións. O organismo provincial da Coruña é o centro das protestas por ser o primeiro en implantar este modelo privado mediante un consorcio coa Xunta.

Desde o Colexio Oficial de Xornalistas e a Asociación da Prensa da Coruña (APC) condenaron a actitude das forzas da orde. "É facilmente distinguible un bombeiro con casco dun xornalista que está de cara para cubrir a información", lamentaron desde o Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia. Para a APC, "calquera acto violento é reprobable, moito máis se quen o protagonizan son representantes das forzas da orde que non discriminan entre quen exercen o libre dereito a manifestarse e quen desenvolven o labor de informar".
álbum de fotos en La Opinión Coruña

.

Ultima modificación ( 02.02.2010 )
LA REFORMA DE LAS PENSIONES
Escrito por Fuco Buxán   
01.02.2010

Lo que parece que nadie pone en el debate es la eliminación del fraude a la Seguridad Social, la enorme cantidad de horas de trabajo no pagadas y no cotizadas …..

Envejecimiento, gasto social y cotizaciones: 3 claves del debate
“En 2025 no será compatible vivir más años, jubilarse antes y cobrar más”. La frase ha sido pronunciada este domingo por el ministro de Trabajo, Celestino Corbacho, en un encuentro con mayores del PSOE y UGT celebrado en Ferraz, y condensa la filosofía en la que el Gobierno basa su defensa de la reforma de las pensiones. El debate, no obstante, no ha hecho más que empezar”.

Artículo completo en NUEVATRIBUNA. Es

"AL ROJO VIVO"
Escrito por Fuco Buxán   
30.01.2010
Organizado pola A.C. Fuco Buxán
Martes, 2 de febreiro, ás 20,00 h
na Fundación Caixa Galicia
Praza da Constitución – Ferrol

Presentación de:
“AL ROJO VIVO”
Un diálogo sobre a esquerda de hoxe
de Almudena Grandes e Gaspar Llamazares
prólogo de José Luis Sampedro.

Intervén :
Gaspar Llamazares
Presentado por: Manuel Rodríguez Carballeira (Presidente de Fuco Buxán)

Almudena Grandes e Gaspar Llamazares debullan algúns dos temas de maior actualidade na esquerda: políticos, sociais, económicos, inmigración, republicanismo, ambigüidades do sistema electoral e contradicións dos partidos. AL ROJO VIVO reivindica o papel activo da esquerda, fronte ao lugar meramente testemuñal ao que pretende relegala a ditadura do mercado
Ultima modificación ( 31.01.2010 )
"O Segredo da Frouxeira" emocionou en Valdoviño
Escrito por Fuco Buxán   
30.01.2010
Máis de 150 persoas aplaudiron con emoción, onte en Valdoviño, a documental de Xosé Abad, promovida entre outras entidades pola A.C. Fuco Buxán.

"O Segredo da Frouxeira" e unha peza fundamental no camiño de Recuperación da Memoria e céntrase na figura de Porto Leis, o derradeiro alcade republicano de Serantes, e outros tres compañeiros, paseados na praia da Frouxeira en 1938.

Está proxima a sair a copia da documental en DVD e pódese facer reserva no telefº 633100354 ou e-mail:


Foi presentada tamén nese acto a Revista “Razon Socialista” nº 27.
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>

Resultados 1 - 15 de 465

 

spacer
Quen nos visita
Temos 15 visitantes en líña
O Recuncho de Fuco
Radio Filispin
Planta de Gas fora da ría

¡ Galiza non se vende !
Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Foro Social Galego
Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer