spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista

header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
Acceso usuarios
Nome de usuario

Contrasinal

Lembrarme
Esquenceu seu contrasinal?
Novo usuario? Rexístrese aquí
Subscricións
 

Inicio

Lúns 6 : CONFERENCIA-DEBATE
Escrito por Fuco Buxán   
02.09.2010

Ultima modificación ( 02.09.2010 )
Setbro 4 e 5 :Certame Solidario
Escrito por Fuco Buxán   
02.09.2010

Ler máis...
Sindicatos: “Estamos preparados para tomar la calle contra la reforma laboral”
Escrito por Fuco Buxán   
31.08.2010
 

Centenares de delegados abarrotan una asamblea en Madrid para preparar la Huelga General.

Hoy martes en Madrid centenares de delegados abarrotaron una asamblea organizada por Comisiones Obreras (CCOO) con el ánimo de preparar la actividad del sindicato las últimas semanas antes del paro. La próxima semana los intensos preparativos les llevarán a Vistalegre. Allí prevén llenar junto a UGT la plaza de toros del barrio madrileño de Carabanchel con delegados llegados de toda España. El objetivo es parar la reforma laboral del gobierno socialista.

Artigo completo en NUEVATRIBUNA.ES

.

A homenaxe a Segundo Vilaboy
Escrito por Fuco Buxán   
29.08.2010
 

Onte, no Cemiterio de Catabois, nun sinxelo acto de homenaxe - militantes de esquerda, nacionalistas, asociaciónes relacionadas coa Recuperación da Memoria Histórica, amigos e familiares - lembraron a Segundo Vilaboy Martínez, traballador da Construtora Naval, militante comunista e membro da IV Agrupación Guerrilleira de Galicia.

Vilaboy de firmes conviccións humanas e políticas, sufriu tortura e foi executado pola ditadura no Cárcere de Ferrol en 1947.

Máis tarde no Bar Chimarro, a proxección dun vídeo e un coloquio sobre a figura de Vilaboy substituíu á prevista conferencia do historiador Bernardo Máiz, un dos promotores, que non puido asistir por motivos de saúde.

Mais tarde a actuación musical dos grupos RPG-7, MOSSIN NAGANT, e MENCER VERMELHO pechou estes actos de homenaxe.

Álbum fotográfico.

Crónica de Lorena Bustabad en EL PAIS.

Biografía

web homenaxe

Ultima modificación ( 29.08.2010 )
Cronopiando: No lo cuenten, que no ha sido en Cuba
Escrito por Fuco Buxán   
28.08.2010
 

Artigo publicado en REBELION

Koldo Campos Sagaseta

(A la atención de los medios de comunicación)

Asesinan al periodista Israel Zelaya Díaz. Es el décimo periodista asesinado en lo que va de año… pero no lo cuenten, que no ha sido en Cuba. Ocurrió en la irreprochable democracia hondureña, esa que nació de un golpe de Estado, urdido en Estados Unidos y bendecido en Europa.

Ya van 31 sindicalistas asesinados en lo que va de año… pero no lo cuenten, que no ha sido en Cuba. Ocurrió en la virtuosa democracia colombiana, esa que cuenta por decenas de miles los desaparecidos y que todos los días descubre alguna nueva fosa.

Encuentran los cadáveres de 72 inmigrantes asesinados. Es la última matanza registrada en lo que va de año… pero no lo cuenten, que no ha sido en Cuba. Ocurrió en la virginal democracia mexicana, esa en la que el fraude se reitera cada cuatro años y las matanzas y la miseria no saben de recesos.

Se mantienen en huelga de hambre 42 presos mientras persiste la brutal represión policial contra los mapuches… pero no lo cuen ten, que no ha sido en Cuba. Ocurrió en la inmaculada democracia chilena, esa en la que los augustos siguen campando, después de muertos, por sus impunes fueros.

En Cuba, desgraciadamente, como declarase en estos días Silvio Rodríguez “vivimos donde no debemos. Por vivir donde nacimos somos malos, somos cómplices y, para colmo, somos bobos. La estupidez de vivir en nuestro propio país nos dificulta crear escuelas de música y estudios de grabación. Mucho más sostenerlos. ¿A qué condenado se le ocurre mejorar siquiera la parte del panorama profesional que le corresponde? Lo que hay que hacer es irse. Si es ilegalmente, mejor. Para algunos, la única forma de legitimar un proyecto es descalificando lo que sea que haya ocurrido en el último medio siglo en Cuba. Nos castigan porque nos quieren mucho. Sufren de vernos padecer en esta isla maldita. Por eso nos aprietan tuercas. Para que aprendamos a ser mejores cubanos desde afuera. Y toman medidas para aislarnos a los que ya éramos isleños. ¿Por qué las toman? Porque son los más ricos, los más bellos, los más felices. ¿Por qué contra nosotros? Porque nos consideran lo contrario. ¿Quiénes aplauden? Los que suspiran por parecerse a ellos. Por suerte siempre hay manos que logran escapar de ese “mundo libre”. Benditas. Somos un país que se dedicó a alfabetizar, a construir universidades de médicos y artistas. Y ahora pretenden hacer ver que nos gusta tener pianos sin cuerdas y vientos sin zapatillas. Vaya imaginación”.

Ultima modificación ( 28.08.2010 )
TRABALLADORES PUBLICOS
Escrito por Fuco Buxán   
28.08.2010
 

Cesáreo Fraga, secretario xeral da Unión Comarcal de UGT-Ferrol


Como se ven dicindo por diversas canles e eu veño de expor tamén, en artigos anteriores, as primeiras persoas “afectadas” pola política de axuste adoptada polo goberno nacional son pensionistas, dependentes e traballadores da administración pública.
Dende o meu punto de vista, é necesario pararse a pensar sobre o que sabemos dos traballadores e traballadoras da administración pública ¿Que é o primeiro que nos ven á cabeza cando nos preguntan por eles? Probablemente resoa: “funcionarios e funcionarias”.
Cando falamos de “funcionarios” ou empregados públicos, témonos que dar conta de que estamos a falar dun colectivo  de aproximadamente tres millóns de traballadores que pertencen a distintas administracións, local, autonómica, estatal, e que o traballo que desenrolan é una parte muy importante do chamado “Estado do Benestar” , do cal disfrutamos todos os cidadáns deste país. Estes empregados públicos  forman parte do ensino, a sanidade, os xulgados, a seguridade, a defensa, a investigación, etc. E como tales traballadores, tamén teñen os seus dereitos, dereitos que están a ser furtados polo Goberno do Estado, non soio incumprindo  os acordos con eles firmados (incremento salarial de un 0,3% no ano 2010, e recuperación do IPC no ano 2011) senón que ademais viron reducido o seu salario este ano nun 5%, así como  limitando a taxa de reposición (cubrir os postos dos traballadores  que se xubilan) a un 10%, co que esto pode supoñer no funcionamento das distintas administracións. Unicamente que o que pretenda a socialdemocracia gobernante sexa a privatización de moitos de estes  servicios como poden ser a sanidade, o ensino, etc., algo que xa está a pasar en algunhas comunidades, autónomas, e que sen dubida repercutira negativamente nas clases mais desfavorecidas

.............

 

Sobran argumentos para manifestarse en contra dos abusos que o goberno está a cometer contra as persoas máis vulnerables e facilmente atacables… cabe pararse a pensar o por que de que os gobernantes sempre carguen contra os que menos teñen ¿Por que non pensamos nas ganancias que están tendo as entidades bancarias a día de hoxe e pensamos na inxección monetaria que o estado lles conferiu? A eles non lles piden solidariedade, comprensión e que “arrimen o ombro”.  Xa está ben de pedir e non dar; xa está ben de abusos… chamamos á cidadanía para que secunde a folga xeral o 29 de setembro de xeito masivo.

 

Ler artigo completo en Diario de Ferrol

.

A soidade dos obedientes
Escrito por Fuco Buxán   
28.08.2010
 

Yolanda Díaz,  portavoz de Esquerda Unida

 

No pleno do xoves todos os grupos políticos do Concello pronunciámonos encol da contrarreforma laboral que teima en aprobar o Goberno Central co apoio das  dereitas nacionalistas e a patronal. Todos a rexeitamos agás o PSOE, que preferiu restar na soidade social e política dos obedientes. Soidade que deixaron en evidencia as intervencións no Pleno dos representantes das centrais sindicais de clase convocantes, que deron razóns e argumentos para que o Goberno do Estado recuncara. Non o fixo  así e o PSOE votou por abaratar os despedimentos,  por inventar o despido preventivo ou porque me peta, por atacar á negociación colectiva e darlle carta de natureza as empresas que trafican con traballadoras e traballadores... En resumo, fíxolle o traballo sucio á dereita política e económica.

 

Ler artigo completo en Diario de Ferrol

.

HOMENAXE A SEGUNDO VILABOY
Escrito por Fuco Buxán   
27.08.2010
 

Xornada homenaxe ao combatente e loitador antifranquista

Segundo Vilaboy Martínez

en Ferrol, o 28 de agosto de 2010.


Ferrolán, traballador dos estaleiros e Secretario Político do comité ferrolán do Partido Comunista, foi asasinado no ano 47 a garrote no cárcere de Caranza despois de ser detido, torturado e paseado pola Garda Civil durante días polos distintos lugares da comarca coa intención de que delatara aos seus camaradas, cousa que non foron quen de conseguir.

Obreiro e comunista, adicou toda a súa vida á loita pola liberdade da súa clase. Podemos lembrar a súa participación, canda aos seus irmáns, na coñecida como folga do aceite nos estaleiros. Segundo Vilaboy era un combatente e un loitador, un exemplo de compromiso e adicación á loita antifranquista, e ademais, como lembran os máis achegados, unha gran persoa, un verdadeiro Camarada, alguén no que se podía confiar, todo un exemplo a seguir.


*Actos da xornada*

17:00 Ofrenda Floral no cemiterio de Catabois. Cadro 352.


18:30 Charla a cargo de Bernardo Máiz Vázquez(Historiador).

"Segundo Vilaboy no Antifranquismo Galego(1936-1954)"


Bar Chimarrao (Rúa Sartaña 61)

21:30 Concerto:

RPG 7,  MOSSIN NAGANT, MENCER VERMELLO

Bar Chimarrao (Rúa Sartaña 61) Entrada 5€

Máis información na web www.homenaxeasegundovilaboy.blogspot.com

Ultima modificación ( 27.08.2010 )
Lúns 23 : CONCENTRACION ENTRADA GASEIRO Nº 72
Escrito por Fuco Buxán   
22.08.2010

Prevista a entrada na nosa Ría do LNG SOKOTO, o nº 72 dos gaseiros con destino á ilegal e perigosa Planta de Gas de REGANOSA.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:

CONCENTRACIÓN

Lúns, 23 de agosto de 2010, ás 20,00 horas

diante do Edificio da Xunta de Galicia
Praza Amada García – Ferrol

Características do Buque:

Bandeira: Bermudas, eslora: 288,75 m, manga: 48 m, calado: 12,3 m, capacidade: 137.231 m3, monocasco.

¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!

Ultima modificación ( 24.08.2010 )
COMBATE SINDICAL E APROPIACIÓN DE RIQUEZA
Escrito por Fuco Buxán   
18.08.2010

Con motivo da convocatoria de Folga Xeral polos sindicatos UGT e CCOO, desatouse a histeria nos círculos conservadores de opinión, que tentan instalar na opinión pública a imaxe duns sindicatos radicais e obsoletos, consumidores de valiosas subvencións públicas para pagar aos seus liberados e apenas sensibles aos intereses dos parados. En realidade, cuestionan a existencia dos sindicatos como ferramentas de combate e negociación e recuperan a petición de regular o dereito de folga.

Dacordo cos estudos de distribución funcional da renda que se atopan disponibles (Bustillo, Vilar, Corrales, Taguas, etc), entre 1920 e 1930 (coa ditadura de Primo de Rivera) os traballadores españois dispuñan do 33% da riqueza do país. Coa chegada da Segunda República e aproveitando o novo marco socio laboral, esta porcentaxe ascendeu progresivamente até alcanzar o 55% no ano 1936. Coa vitoria de Franco na Guerra Civil e a prohibición da actividade sindical, a masa de riqueza en mans dos traballadores descendeu novamente até o 33% en 1950. Hai que agardar a irrupción de CCOO a partir de 1960 coa súa intensa actividade sindical e a correspondente escalada de folgas, para que as diferentes clases traballadores recuperasen progresivamente riqueza. Xa na Democracia e cos –ao meu entender inxustamente criticados-  Pactos da Moncloa, esta porcentaxe volve ser do 55% no ano 1978.

Desde entón, inmersos na “paz social” e cun descenso xeneralizado das folgas, os beneficios empresariais medraron fronte ás remuneracións dos traballadores, que  descenderon até o 48% do momento actual.

Non pretendo dicir que o escenario ideal sexa un pais permanentemente en folga, pero esta é a a lección que nos dá a Historia: ou ben os sindicatos recuperan a súa antiga combatividade ante os patróns ou estes volverán impor a “lei de bronce”, resumida en 1817 polo seu autor, o economista británico David na seguinte frase:“os salarios deben baixar até o nivel de subsistencia”. Se alguén pensa que a lei de bronce xa existe na actualidade co fenómeno dos traballadores mileuristas, que espere a ver o que son capaces os nosos empresarios se lles deixan un marco laboral "máis flexible e moderno".

Enrique Barrera Beitia.

Ultima modificación ( 18.08.2010 )
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>

Resultados 1 - 15 de 569

 

spacer
Quen nos visita
Temos 29 visitantes en líña
O Recuncho de Fuco
Radio Filispin
Planta de Gas fora da ría

¡ Galiza non se vende !
Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Foro Social Galego
Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer